Este informe recolle o resultado dunha investigación sobre os sistemas de provisión dos postos directivos das institucións e equipamentos culturais desde diferentes perspectivas.
No primeiro apartado realízase un resumo, a partir da bibliografía relacionada co ámbito de estudo, dos principais modelos de xestión de equipamentos culturais, dos perfís profesionais da xestión cultural e dos contidos fundamentais dos códigos de boas prácticas relacionados coa provisión de postos directivos no eido da cultura.
No segundo apartado defínese o marco xurídico que afecta ás entidades culturais no relativo á provisión de postos directivos.
No terceiro apartado elabórase unha relación de entidades culturais galegas así como de espazos culturais de referencia. A partir desa enumeración trátase de identificar os postos directivos que aparecen nos seus organigramas, independentemente da natureza deles. Unha vez identificados, intentouse coñecer o sistema de provisión do posto cando foi posible.
Por último, preséntase unha breve explotación estatística dos resultados da investigación.
Finalmente, achéganse as conclusións e unhas breves recomendacións na liña de garantir a utilización de boas prácticas nos sistemas de provisión de persoal directivo nestes centros.

[Data da nota de prensa: decembro 2018]

Título Informe sobre a provisión de postos directivos no ámbito cultural
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018
Edición 1ª edición
Descrición física 32 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
DOI Carece
Materias
Áreas
Código QR