Elaborado desde unha ollada feminista e de xénero por iniciativa da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, este informe presenta unha visión crítica global e actualizada sobre os arquivos públicos con actividade en Galicia en toda a súa complexidade, co obxectivo de xerar propostas críticas co patriarcado e co androcentrismo que teñan a posibilidade de se traducir en liñas consolidadas de traballo efectivas.
Dáse conta das iniciativas destinadas a visibilizar as mulleres e os feminismos no mundo dos arquivos, aténdese máis concretamente ás traxectorias dos que teñen actividade en Galicia, ás súas características físicas, aos perfís do persoal que traballa neles, ao tratamento e uso dos fondos documentais, aos perfís de usuarias e usuarios e aos plans de formación dirixidos a arquivistas. Reflexiónase tamén sobre os usos sexistas da lingua empregados nos arquivos e inclúense recursos para paliar esa eiva.
Conclúese cun amplo número de propostas que conforman unha folla de ruta para trasladar ás distintas administracións, asociacións profesionais e arquivistas, na procura da mellora no funcionamento, doutra mirada e outra sensibilidade para empezar a establecer pautas que favorezan o equilibrio e tendan á igualdade, á equidade e á non discriminación.

Título | Informe sobre os arquivos públicos en Galicia. Unha perspectiva de xénero e feminista |
Autoría |
Dolores Pereira Oliveira Olimpia López Rodríguez Mariám Mariño Costales |
Documentación |
Susana Guitar Novo |
Limiar |
Carmen Pérez Pais |
Presentación |
María Xosé Porteiro García |
Revisión lingüística |
Laura Piñeiro Pais |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 129 p.: gráf.; 28 cm |
ISBN | 978-84-17802-00-4 |
Depósito Legal | C 251-2019 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes |
Materias | |
Código QR |