Este traballo consiste na edición de 166 documentos, na súa meirande parte inéditos, escritos en galego durante o século XV e pertencentes á colección do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense).
A edición ofrece unha proposta concreta de lectura que implica o desenvolvemento de abreviaturas, a corrección de erros gráficos presentes nos manuscritos e a aplicación de medios modernos de puntuación que contribúen a estruturar o texto e dar conta das súas características sintácticas.
No estudo introdutorio, ademais dun capítulo dedicado a detallar as intervencións levadas a cabo, inclúese unha descrición da cronoloxía, autoría e tipoloxía documental dos textos editados, así como así como un breve estudo lingüístico que atenderá sobre todo aos fenómenos fonéticos e morfosintácticos máis representativos ou relevantes.
A edición complétase con dous índices en que se recollen respectivamente os antropónimos e topónimos rexistrados nos documentos editados.
Título Documentos galegos do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (século XV)
Autoría Paula Bouzas Rosende
Presentación Rosario Álvarez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Descrición física 66 p.; 24 cm + 1CD
Notas Este libro inclúe un CD que contén a edición dixital (PDF de 594 páxinas) da Colección documental do mosteiro de de Santo Estevo de Ribas de Sil (século XV) e os índices antroponímico e toponímico.
ISBN 978-84-92923-80-9
Depósito Legal C 2340-2016
Url externa Catálogo RBG
Colección Gallaeciae Monumenta Historica
Materias
Áreas
Código QR