A declaración do estado de alarma por parte das autoridades con motivo da crise sanitara COVID-19 dispón, entre outras cousas, a suspensión de apertura ao público de locais de actividade comercial, así como de equipamentos culturais. Este documento analiza como afecta este peche ao emprego cultural, a través das afiliacións á Seguridade Social a partir da explotación que ofrece o Instituto Galego de Estatística (IGE) dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social das persoas empregadas nas principais empresas culturais.
[Data de comunicación: abril 2020]
Titulo | Conxuntura laboral do mes de marzo de 2020 nas principais ramas de actividade cultural Datos de afiliación á Seguridade Social |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 9 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/clmmprac.dass.2020 |
Materias | |
Código QR |