Este documento ofrece información relativa ás bibliotecas galegas, co obxectivo de facilitar datos actualizados dos seus equipamentos materiais e humanos, infraestruturas, actividades e recursos que permitan avaliar a súa evolución, financiamento e datos comparativos con outras comunidades autónomas e co conxunto de España. O campo de estudo do informe abrangue todas as bibliotecas galegas, calquera que sexa a súa dependencia administrativa, con dúas excepcións: as bibliotecas privadas sen acceso público e as escolares. Os datos analizados corresponden ao ano 2018. Ademáis, abórdanse outras cuestións como os hábitos culturais da poboación con respecto ao uso dos servizos bibliotecarios e a situación da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
[Data de comunicación: abril 2020]
Título | bibliotecas en Galicia, As |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 25 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
Baixan os préstamos pero aumentan as visitas ás bibliotecas galegas segundo o Observatorio da Cultura Galega [Data da comunicación: 30/4/2020].