O avance da crise provocada pola aparición do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19, o mantemento do estado de alarma en toda España e o confinamento da sociedade preocúpalles aos responsables do sector da música popular de Galicia. O feito de tratarse dunha actividade cunha compoñente elevada de socialización e que, ademais, concentre gran parte da actividade arredor da primavera e o verán, supón que sexa un sector especialmente vulnerable a esta crise. Neste traballo recóllense as análises dos responsables das principais asociacións profesionais e gremiais que compoñen o sector da música popular de Galicia, así como unha descrición da situación antes da chegada da crise provocada polo coronavirus e un resumo das principais reivindicacións do sector e da resposta da Administración.
Título sector da música popular en Galicia perante a crise da COVID-19, O
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Descrición física 44 p.: gráf. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
DOI 10.17075/smpgpcc.2020
Materias
Áreas
Código QR