O Consello da Cultura Galega publicou recentemente varios documentos de traballo sectoriais sobre o estado da cultura galega perante a crise da COVID-19. Continuando nesa liña, o presente documento ofrece información sobre todos os indicadores estatísticos dispoñibles sobre o ámbito cultural ata o momento da súa publicación. En primeiro lugar, analízase a situación económica do sector dende comezos do ano 2020 ata a actualidade no que respecta á creación de empresas, os efectos desta crise sanitaria no emprego cultural, as consecuencias desta situación de crise no consumo e comercio de produtos culturais e, por último, examínase a situación do sector da cultura nas contas económicas de Galicia e faise unha prospección baseada nas realizadas para o conxunto da economía galega. Moitos indicadores que se analizan ao longo deste documento de traballo son do primeiro trimestre, polo que o impacto está limitado á segunda quincena de marzo. Cando foi posible, incluíronse datos de abril e maio.
[Data de comunicación: xuño 2020]
Título | Conxuntura estatística do ámbito cultural. Xuño de 2020 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 23 p. : gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/ceacx.2020 |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Observatorio da Cultura Galega constata un impacto da crise maior na cultura que noutros sectores produtivos [Data da comunicación: 17/6/2020].