[Data de publicación: xullo 2020]
A Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais foi creada para establecer un marco de referencia dentro do Consello da Cultura Galega onde se puidese debater e estudar unha parte quizais menos vistosa da creación artística e das representacións culturais, pero fundamental para o desenvolvemento cultural do país.O presente documento intenta sintetizar reflexións aportadas por persoas cunha grande experiencia e coñecemento especializado, convocadas polo Consello da Cultura Galega durante a vixencia do estado de alarma pola emerxencia sanitaria da COVID-19, sobre os retos e estratexias de futuro para a xestión e políticas culturais galegas. Trátase de achegar unha ollada local, pública e de proximidade, ofrecendo un conxunto de datos imprescindible para comprender a complexidade do fenómeno que a crise sanitaria vai supor para a sociedade galega en xeral, e para a cultura en particular.
Titulo | Xestión e Políticas Culturais nos concellos. Retos ante a COVID-19 |
Coordinación |
Sergio Lago |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 47 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/cbfc.2020 |
Materias | |
Código QR |