[Data de publicación: xullo 2020]

A novela Da emigración. Notas d'un galego foi publicada no ano 1936, pouco antes do golpe militar, e viu a luz baixo o prestixioso selo editorial de Nós pois foi dada ao prelo en Compostela no establecemento impresor de Ánxel Casal pouco antes do seu asasinato. Froito do coñecemento en primeira persoa da situación da emigración galega na Arxentina, Paz Míguez proxectou nesta obra unha serie de trazos e personaxes que, segundo el, representaban a realidade dos galegos e galegas que lonxe da terra sobrevivían, en xeral con duras condicións vitais e laborais.

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, presenta este facsímile no marco da colección Clásicos da Emigración, na que se recompilan obras de interese para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. Este facsímile está acompañado dun proveitoso estudo introdutorio feito polo profesor e investigador Xavier Castro Rodríguez.
Titulo Da emigración. Notas d'un galego
Autoría Antón Paz Míguez
Estudo introdutorio Xavier Castro Rodríguez
Presentación Rosario Álvarez
Antonio Rodríguez Miranda
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 42, 122 p; 21 cm
Notas Contén: 1.-Presentación / Rosario Álvarez, Presidenta do Consello da Cultura Galega. 2.-Presentación/ Antonio Rodríguez Miranda, Secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia. 3.- Estudo introdutorio: «Paz Míguez, escritor e testemuña da emigración»/ Xavier Castro Rodríguez . 4.- Facsímile: «Da emigración. Notas d’un galego»/ Antón Paz Míguez.
ISBN 978-84-17802-22-6
Depósito Legal C 792-2020
Colección Clásicos da Emigración
Materias
Áreas
Código QR