1991 foi o ano de Álvaro Cunqueiro. A Real Academia Galega decidiu adicar a esta data ó escritor de Mondoñedo. Con motivo desa celebración, o Consello da Cultura Galega decidiu realizar unha edición facsímile de inéditos e autógrafos de Álvaro Cunqueiro de 500 exemplares numerados.

A orixe destes autógrafos está en 1935, cando o Seminario de Estudos Galegos encargou a Filgueira Valverde a preparación dunha antoloxía da poesía galega con motivo do Centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Filgueira dirixiu as súas peticións a medio cento de poetas novos e vellos.

Cunqueiro respostou en marzo de 1936 cun feixe de poemas -oito autógrafos e un a máquina. Dous corresponden a unha estadía, como conferenciante, en Barcelona. Hai poemas en castelán, catalán e tamén galego. Algúns deles ían figurar como partes de obras futuras e outros foron publicados en revistas de poesía.
Título Autopoética e poesías 1935
Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro
Autoría Álvaro Cunqueiro
Limiar Xosé Filgueira Valverde
Obxecto de estudo Álvaro Cunqueiro
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1991
Edición 1ª edición
Descrición física 2 v. (34 p., [25] f.) ; 22 cm.
Notas Editado en estoxo. Contén: 1. (Transcricións) / presentación por Xosé Filgueira Valverde - 2. (Facsímile)
Homenaxe do Consello da Cultura Galega.
CCG. Signatura CCG 1991 28
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR