Entre 1914 e 1936, aquén e alén do Atlántico, creáronse e disolvéronse moitos coros. Grazas a eles e ao seu interese non se perdeu gran parte do noso patrimonio oral e musical. Rescatárono, harmonizárono para poder ser cantado en grupo, fixérono soar, divulgárono en partituras e en libros, gravárono en diferentes soportes...
Esvaecéronse as persoas, mais quedan connosco as súas voces coa súa música, a que seguen a cantar os sucesores e sucesoras de catro deles, que son os que honramos nesta exposición conmemorativa promovida polo Consello da Cultura Galega, nun acto de recoñecemento e agradecemento á memoria dos que lles deron vida ao longo dun século e aos que manteñen viva a súa traxectoria: Toxos e Froles (1914), Cántigas da Terra (1916), De Ruada (1918) e Cantigas e Agarimos (1921).

[Data de comunicación: decembro 2018]
Titulo | Son de Galicia Canto, música, baile e teatro dos coros. Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos |
Comisariado |
Miguel Anxo Seixas |
Presentación |
Rosario Álvarez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 51 p.: il., fot., cor |
ISBN | 978-84-92923-98-4 |
Depósito Legal | C 2269-2018 |
Materias | |
Código QR |