Esta publicación pon en conexión a obra poética de Xela Arias, homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, coa das novas xeracións de poetas. Doce escritores e escritoras escollen un poema da autora e fano dialogar con outro que elaboraron expresamente para a ocasión.
Título equilibrio dos extremos, O
: Xela Arias en 12 voces
Autoría Lois Alcayde Dans
Tamara Andrés
Xela Arias
Antón Blanco
Alba Cid
Berta Dávila
Alicia Fernández
Rosalía Fernández Rial
Míriam Ferradáns
Gonzalo Hermo González
Oriana Méndez
Arancha Nogueira
Ismael Ramos
Limiar Rosario Álvarez
Obxecto de estudo Xela Arias
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 63 p; 21cm
Notas Imaxe da cuberta e gardas: creadas a partir da caligrafía de Xela Arias. A fonte empregada foi o poema manuscrito coa epígrafe “Cidades Neón”, publicado no número 10 da revista Carnota, distribuída en xaneiro de 1985.

Este libro sae do prelo no verán de 2021, cumpríndose dezaoito anos da publicación de Intempériome, o derradeiro poemario de Xela Arias. A tiraxe desta edición numerada é de 300 exemplares.

Esta obra conforma un proxecto artístico en dous formatos, relacionados pero independentes. No Día Internacional da Poesía, no inicio da primavera, presentouse o primeiro deles, a videocreación O equilibrio dos extremos, á que se pode acceder na seguinte ligazón: http://consellodacultura.gal/especiais/o-equilibrio-dos-extremos/
ISBN 978-84-17802-32-5
Depósito Legal C 870-2021
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR