Esta publicación é unha das moitas actividades coas que o Consello da Cultura Galega homenaxeou a memoria de Xela Arias no 2021, ano en que se lle dedicou o Día das Letras Galegas.
Coa publicación desta partitura, o Consello da Cultura Galega segue comprometido co obxectivo de dar a coñecer obras singulares do patrimonio musical galego clásico e contemporáneo para facilitar así a súa interpretación e divulgación.
Título Dis ma-ma-má de Xela Arias
Música. Composición Juanjo Cura
Obxecto de estudo Xela Arias
Presentación Dolores Vilavedra
Textos Xela Arias
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 115 p.: partituras (Edición dixital)
Notas Imaxe da cuberta: Xulio Gil (Web da RAG)

Na presentación: Agradecemos a Juanjo Cura a súa xenerosidade para poñer a disposición de todas as persoas interesadas a partitura de «Dis ma-ma-má», composición orixinal da súa autoría a partir de 2 poemas de Darío a diario; agradecemos tamén a Darío Gil, fillo de Xela, a súa implicación neste proxecto.

DOI 10.17075/dmmmxa.2021
Colección Autores & textos
Materias
Áreas
Código QR