Desde as súas orixes, as artes escénicas tiveron unha significativa capacidade de transformación social porque nacen en, de e para a sociedade, entendida esta desde o amplo espectro do desenvolvemento humano. Así sendo, este Congreso foi organizado para contribuír á transformación social adecuándose aos novos valores e retos –a convivencia, a igualdade, a sustentabilidade, a diversidade e o carácter inclusivo– e aspirando a realizar unha posta en común da situación actual e dos problemas do teatro galego, en confronto con outros modelos internacionais de creación, produción, xestión e distribución. As achegas ao Congreso, que aquí se presentan, pretenden contribuír á transformación da nosa contorna inmediata e daquelas sociedades que desexaren considerar este proxecto que nace coa vontade de servir de guía para profesionais, xestores e público co 2030 no horizonte.
Desde a súa xestación, a Academia Galega de Teatro identificou como un dos seus obxectivos fundamentais a celebración do I Congreso Internacional do Teatro Galego. A idea xurdiu tras corenta anos de exercicio profesional, cunha vocación de pluralidade e de apertura a todas aquelas experiencias e manifestacións do sistema teatral galego. Por esta razón, todos os esforzos foron concentrados na procura da participación do maior número de sectores con implicación directa na produción dramática galega.
O Congreso tivo o seu referente histórico no I Encontro do Teatro Profesional celebrado en Ferrol en xuño de 1988 coa participación dun sector importante da profesión e dos representantes políticos daquela altura e cuxos resultados, publicados en 1991, constituíron un auténtico activador de políticas teatrais. Mais, tras trinta anos, esas políticas precisan ser renovadas para se adaptar a unha realidade moi diferente.
Certamente, a sociedade non deixa de evoluír e, en consecuencia, a realidade teatral e política mudan constantemente. Por esta razón, consideramos que era necesario revisar profundamente todo o que atinxe ao teatro e ás políticas teatrais. As reflexións derivadas deste I Congreso Internacional representan, pois, un auténtico plan estratéxico para o futuro do Teatro Galego.

[Data da nota de prensa: febreiro 2022]
-
-
Inauguración
Inma António Souto
-
Inauguración
-
Experiencia, actualidade e modelos externos
-
O teatro galego proxectándose cara ao século XXI: os desafíos da poscrise
Cristina Domínguez Dapena
-
a profesión teatral ante o colapso do sistema institucional
Inmaculada López Silva
-
Un achegamento en cinco puntos á distribución escénica en Galicia 2000-2020
Xavier Campos
-
Os espazos escénicos: análise evolutiva
Francisco Oti Ríos
-
A crise da profesión teatral e os seus oficios. Conflitos laborais e sociais
Xavier Estévez
-
As programacións teatrais en Galicia. Análise e mellora das redes de exhibición: eivas e carencias
Marta Núñez
-
Máis alá da inclusión
Laura Míguez Escudero
-
O modelo português. Contributo histórico e reflexivo sobre UM NADA, ou como tornar canónico um contra-modelo, contra Modelo Nenhum
Rui Madeira
-
Otros modelos europeos
Guillem-Jordi Graells
-
Producción y creación de las artes escénicas en América Latina
Guillermo Heras
-
O teatro galego proxectándose cara ao século XXI: os desafíos da poscrise
-
O teatro e os públicos
-
El teatro y los públicos
Domènech Reixach
-
Información, promoción e crítica teatral en Galicia na actualidade: un estado da cuestión cunha ollada estranxeira
Fabrice Corrons
-
A (re)construción do legado das artes escénicas en Galicia: edición, investigación e documentación teatral no século XXI
Vanesa Sotelo
-
A formación teatral nunha perspectiva poliédrica
Manuel F. Vieites
-
Um teatro da necessidade. Programas de desenvolvimento de público: a situação portuguesa
Gonçalo Amorim
-
O papel das mostras e festivais galegos na consolidación do sistema teatral
María Armesto
-
La producción como mediador entre el artista y presentador
Carlota Guivernau
-
Dramaturxia da recepción
Santi Prego
-
A demolición da casa común da lingua: cantos de serea da modernidade e outras complicidades diglósicas no teatro galego
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
-
Teatro e territorio. Do minifundio ao “feísmo”
Artur Trillo
-
El momento actual del teatro de títeres en España. Breve panorámica
Toni Rumbau
-
El teatro de marionetas y objetos en el siglo XXI
Idoya Otegui
-
A FEGATEA, vinte anos de historia. Presentación do vídeo do vixésimo aniversario
Antón Sampayo Flores
-
Teatro amador
Antón Lamapereira
-
Para un estudo en profundidade do teatro amador galego. Unha primeira achega desde a FEGATEA
Manuel Dasilva
-
El teatro y los públicos
-
A creación e os seus procesos
-
La creación y sus procesos [Transcripción]
Carme Portacelli
-
Compañías residentes y teatro público. Propuestas de nuevos modelos
Agustín Iglesias
-
Relación entre los diversos agentes teatrales
Jaume Colomer
-
Algunas percepciones sobre la crisis de las políticas culturales en España
Xavier Marcé Carol
-
A formación teatral de carácter xeral: situación e perspectivas
Xosé Manuel Fernández Castro
-
La construcción del espectáculo escénico: creatividad en equipo, teatrurgia y recepción
Pablo Iglesias
-
A producción escénica
Cecilia Carballido
-
Do burato á peneira. Ideas para unha transición xusta a un novo modelo de produción escénica
Xesús Ron
-
Perfil e formación de quen programa teatro
Carlos Lorenzo Pérez
-
La creación y sus procesos [Transcripción]
-
Informes
-
Comunicacións libres
-
Economía e cultura. A creación de empresas en Galicia: o caso do teatro galego
Berta Álvarez-Buylla Falces
-
Valle-Inclán en galego. Recepción e representacións escénicas na Galicia 2.0
Xaquín Núñez Sabarís
-
Experiencias y percepciones de personas con parálisis cerebral participantes en un cuentacuentos itinerante
Amparo Rodríguez de Dios
-
As aulas de teatro universitarias de Galicia
Fernando Dacosta
-
Atopar a casa da tradución teatral
María Reimóndez
-
Teatro e lingua en Otero Pedrayo: unha aproximación
Xosé Manuel Sánchez Rei
Xosé Ramón Freixeiro Mato
-
Que fai un arqueólogo en escena? Unha relectura d’A Lagarada de Ramón Otero Pedrayo
Carme Fernández Pérez-Sanjulián
-
O teatro galego da memoria: bases da investigación e catálogo de obras
Diego Rivadulla Costa
-
Os procesos colaborativos de creación no teatro galego contemporáneo
Ana Abad de Larriva
-
Uma escola sem língua: a fala galega cénica na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Daniel González Salgado
-
A revelación dos obxectos teatrais: a súa poética
David Rodas González
-
Dramaturxias do eu liminal en Anómico Teatro. Proceso de investigación
Julio Fernández Peláez
-
Os ocos da recepción na construción das postas en escena
Xavier Castiñeira Blanco
-
O teatro comunitario como base para a creación de público
Irene Moreira
-
Economía e cultura. A creación de empresas en Galicia: o caso do teatro galego
-
Clausura
-
Co 2030 no horizonte
Rosario Álvarez
-
Co 2030 no horizonte
Gabinete de comunicación
O Consello da Cultura Galega e a Academia Galega de Teatro presentan as Actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego [Data da nota: 10/2/2022].