Este informe constitúe a quinta conxuntura estatística do ámbito cultural en Galicia que realiza o Consello da Cultura Galega e ten como obxectivo dar continuidade a unha serie de informes publicados a partir do primeiro semestre de 2020 para dar conta da situación pola que atravesaba o sector cultural galego a raíz da crise da COVID-19. Nesta conxuntura de maio de 2022, ademais de actualizar os datos anteriores como os de creación de empresas, emprego cultural, gasto público en cultura, comercio exterior, IPC, confianza dos consumidores, contabilidade trimestral e gasto das familias, tamén se incorporaron datos novos das distintas fontes estatísticas de cultura que se foron actualizando este ano. Descríbense os datos referentes a museos e coleccións museográficas e aos bens de interese cultural. Tamén se dá información sobre artes escénicas e musicais procedente do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) e dos anuarios da Sociedad General de Autores y Editores (SGAE).Por último, incluíronse datos sobre turismo cultural.
[Data de comunicación: maio 2022]
Título | Conxuntura estatística do ámbito cultural. Maio de 2022 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 62 p.: gráf., cor. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/ceacm.2022 |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
A última conxuntura do Observatorio da Cultura Galega apunta a unha suba dos prezos [Data da comunicación: 23/5/2022].