O Consello da Cultura Galega, a través do Observatorio da Cultura Galega, presenta este informe co obxecto de analizar a evolución das ensinanzas culturais en Galicia nos últimos dez anos en todas as etapas educativas e en todos os tipos de ensinanzas dispoñibles. Os indicadores fundamentais que recollerán as análises cobren principalmente datos de centros, alumnado e profesorado e as variables independentes máis utilizadas son a titularidade do centro e o sexo do alumnado e profesorado, cando existen estes datos. As series consideradas sitúanse ao redor dos dez cursos académicos, tamén segundo a dispoñibilidade e posibilidade comparativa das fontes, salvo no caso das ensinanzas universitarias, onde se optou por series algo menos extensas.
[Data de comunicación: setembro 2022]
Título | Ensinanzas do ámbito cultural. Setembro 2022 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 65 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/eac.2022 |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Observatorio da Cultura destaca a presenza feminina no ensino artístico en Galicia [Data da comunicación: 29/9/2022].