Esta investigación nace do interese fundamental por coñecer a magnitude e características das corais en Galicia e determinar que variables inciden na súa actividade. O proxecto parte da iniciativa da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega. O traballo garda certa similitude con outros elaborados polo Observatorio da Cultura Galega no que se trata de describir cuantitativamente un colectivo cultural a partir da colaboración co tecido asociativo que a representa. No caso do estudo das corais, para a definición do universo e os obxectivos principais do proxecto, así como algúns dos ítems do cuestionario administrado, contouse co asesoramento da directiva das principais asociacións do ámbito, nomeadamente da Federación Coral Galega (FECOGA) e a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI), así como doutros expertos.

[Data da nota de prensa: novembro 2022]

Título corais en Galicia, As
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022
Edición 1ª edición
Descrición física 71 p.: gráf., cor (Edición dixital)
DOI 10.17075/cg.2022
Materias
Áreas
Código QR