Textos da nova edición das Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes, un proxecto nado en 2019 baixo a promoción do Consello da Cultura Galega e acollido sempre con entusiasmo e compromiso polo Camões-Centro Cultural Português en Vigo, pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia e, xa no seu segundo ano consecutivo, pola Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (ESMAE) da cidade de Porto.

Estas pezas (Supernormais, de Esther Carrodeguas, e Dionísia>/cite> , de Cecília Ferreira) profundan na natureza humana e en como as súas especificidades encaixan (ou non) nunha sociedade contemporánea en continua transformación.
Título Dramaturxias Itinerantes [ed. 2023]
= Dramaturgias Itinerantes
Autoría Esther F. Carrodeguas
Cecília Ferreira
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo; Instituto Camões; P. Porto; CPLP; Teatro Helena Sá e Costa (THSC), 2023
Edición 1ª edición
Descrición física 83 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel.
O recital Dramaturxias Itinerantes – Dramaturgias Itinerantes da edición do ano 2023 foi presentado os días 18 de xaneiro na sede da ESAD de Vigo e o día 19 de xaneiro no Teatro Helena Sá e Costa de Porto.
DOI 10.17075/didi.2023
Evento Ciclo. Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes
Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes.
18/1/2023. ESAD (Vigo) / Teatro Helena Sá e Costa (Porto). Vigo / Porto
Materias
Áreas
Código QR