José Rodríguez Carracido naceu en 1858 en Santiago de Compostela. Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (1871-74) e foi catedrático de Química Orgánica (1881) e Química Biolóxica (1898) na Universidad Complutense, da que foi reitor desde 1916 a 1927. Numerario da Academia de Ciencias (1888), da de Medicina (1906) e da Española (1909) e de honra da Real Academia Galega (1922). Un dos introdutores da bioquímica en España e un dos máximos expoñentes da xestión e divulgación da ciencia de finais do século XIX e principios do XX. Promotor da Sociedad Española de Física y Química e da Asociación Española para el Progreso de las Ciencias e, así mesmo, membro moi destacado da Junta para Ampliación de Estudios.
En Galicia, ao par do recoñecemento de que gozou pola súa transcendencia como home de ciencia, foi tamén moi valorado polos rexionalistas e algúns deles, como Curros Enríquez ou Murguía, mantiveron con el fondas relacións. Curros mesmo chegou a afirmar que a «trindade do rexionalismo galego» estaba constituída por Murguía, Brañas e Carracido.
Neste libro recóllense diversos textos de Rodríguez Carracido relativos a esta faceta galeguista, en xeral moi pouco coñecida, do egrexio científico e farmacéutico galego.

[Data de comunicación: setembro 2023]
Título | José Rodríguez Carracido. Científico referente do rexionalismo galego |
Edición |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
Autoría |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira José Rodríguez Carracido |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 227 p; 24 cm. |
Notas | Imaxe da cuberta: José Rodríguez Carracido, debuxo de Luís Xesta, publicado en Céltiga, ano III, n.º 44 (25-10-1926) Contén: - Presentación / Rosario Álvarez - Limiar / Francisco Díaz Fierros Viqueira -ESCOLMA DE TEXTOS (p. 17) -REFERENCIAS GALEGAS SOBRE CARRACIDO (p.203): J. Tarrío García: «Gallegos distinguidos. José Rodríguez Carracido», La Pequeña Patria, ano I, n.º 1 (10-11-1890), pp. 2-3 M[anuel] [Curros] [Enríquez]: «Hijos ilustres de Galicia», La Tierra Gallega, A Habana, ano II, n.º 72 (02-06-1895), pp. 1-2 «Letras de duelo. José Rodríguez Carracido», Boletín de la Real Academia Gallega, ano XXIII, n.º 201 (febreiro de 1928), pp. 233-234 - BIOGRAFÍA DE JOSÉ RODRÍGUEZ CARRRACIDO/ por Francisco Díaz-Fierros Viqueira (p.205) |
Depósito Legal | C 1420-2023 |
DOI | 10.17075/jrccrrg.2023 |
Colección | autores & textos |
Evento |
Difusión. autores & textos José Rodriguez Carracido. Científico referente do rexionalismo galego 25/9/2023. Consello da Cultura Galega. Consellodacultura.gal |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha publicación profunda na figura de José Rodríguez Carracido, homenaxeado no Día do Farmacéutico [Data da comunicación: 25/9/2023].