O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído á impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.
O estudo é froito do traballo dun grupo de investigación que iniciou o estudo no ano 2002. Mediante o emprego de técnicas de investigación cuantitativas e cualitativas obtivéronse datos e análises non só dos hábitos lingüísticos dos medios de comunicación impresos e audiovisuais na Galicia actual senón, ademais, das actitudes e reflexións dos seus protagonistas –xornalistas e directores de medios de comunicación– e outros analistas da situación –lingüistas, sociólogos, economistas, filósofos... Pretendíase non só coñecer a lingua actual dos medios de comunicación, senón tamén as causas e consecuencias de que outra realidade posible non exista.
Título lingua das novas, A
Coordinación Miguel Túñez López
Xosé López García
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009
Edición 1ª edición
Descrición física 1 disco CD-ROM : il. ; 12 cm.
ISBN 978-84-96530-83-6
Depósito Legal C 36-2009
CCG. Signatura CCG 2009 370
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes; Núm:11
Materias
Áreas
Código QR