Este traballo ten como obxecto de estudo a presenza da lingua galega nos medios de comunicación de Galicia e da diáspora galega. No ano 2000 o Consello da Cultura Galega decidiu abordar un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico, dirixido por Henrique Monteagudo e o recentemente desaparecido Xan Bouzada. Daquela frutífera colaboración xurdiron tres volumes dentro do que se deu en chamar O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). O presente traballo completa as publicacións do proxecto, aínda que o período estudado é máis amplo. Os resultados pretenden introducir claridade nun espazo que foi tradicionalmente moi polémico para a militancia lingüística, os responsables políticos, así como para os produtores, editores, profesionais e, en xeral, para todo os actores do ámbito.
Titulo Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia
Autoría Anxo M. Lorenzo Suárez
Fernando Ramallo
Håkan Casares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 300 p. : graf. ; 23 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-96530-52-2
Depósito Legal. Ed. papel C 4734-2008
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2008 342
CCG. Código de barras Koha 3.21. Ed. papel CCG000000010
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/lingua_sociedade_medios
Colección Base
Materias
Código QR