O obxectivo deste traballo é analizar os indicadores de I+D+i máis relevantes e identificar cales son as carencias informativas na nosa Comunidade hoxe en día de cara a solucionar estas deficiencias no futuro e poder, daquela, facer unha diagnose máis completa do noso sistema de I+D+i; só así poderemos definir as políticas máis axeitadas ao noso contorno.
Para iso, estruturamos este documento en tres capítulos. No capítulo 1 definimos os conceptos principais no ámbito da I+D+i segundo as propostas da OCDe; posteriormente expoñemos a evolución que presentaron os indicadores empregados para medir eses conceptos e as principais clasificacións utilizadas para agrupalos; seguidamente afondamos nos indicadores máis usados, facendo unha énfase especial nos novos indicadores de síntese.
No capítulo 2 facemos un diagnóstico da situación de Galicia, primeiro cos indicadores parciais e despois cos indicadores de síntese coa información dispoñible. esta análise sitúa a Galicia nunha posición non moi favorable e, ademais, identifica as carencias de información para poder diagnosticar mellor a súa situación. estúdase despois o impacto do sistema innovador, e dos seus principais compoñentes, no modelo de crecemento económico. remata este capítulo cunha serie de recomendacións respecto das políticas que hai que emprender para mellorar o sistema galego de I+D+i.
Por último, no capítulo 3 presentamos as conclusións máis relevantes deste informe, sistematizadas atendendo a cada un dos capítulos en que se estrutura o traballo.

Titulo | Territorios innovadores Diagnose dos índices I+D+i en Galicia |
Autoría |
Xosé Manuel García Vázquez Albino Prada María A. Quintás |
Presentación |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 157 p. : mapas ; 28 cm. |
ISBN | 978-84-96530-77-5 |
Depósito Legal | AS 6462-2008 |
CCG. Signatura | CCG 2008 355 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes; Núm:8 |
Materias | |
Código QR |