As oportunidades que ofrece a cultura para o desenvolvemento económico reciben unha atención crecente, xa que cada vez se impulsan máis programas e medidas que permitan o que se dá en chamar un cambio no modelo produtivo e preparar a transición cara a unha economía dinámica e baseada no coñecemento. O papel das industrias culturais neste cambio de modelo incide na capacidade do conxunto de actividades económicas que desenvolven para impulsar o intercambio e difusión de coñecemento, constituíndo nichos de creatividade.

A evolución dos principais indicadores económicos da cultura produtiva en Galicia semella positiva. No futuro será de grande interese observar ata que punto este sistema produtivo desenvolve as capacidades que detectamos. O marco da crise económica global, que determinará ata que punto é posible unha aposta polo coñecemento como xerador de riqueza, será o banco de probas para un conxunto de actividades que constitúen unha das realidades empresariais máis prometedoras de Galicia.
Título sistema produtivo da cultura en Galicia, unha visión económica, O
Coordinación Håkan Casares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2010
Edición 1ª edición
Descrición física 104 p. : gráf. ; 28 cm.
ISBN 978-84-92923-03-8
Depósito Legal C 2541-2010
CCG. Signatura CCG 2010 388
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes; Núm:13
Materias
Código QR