No marco das actividades que o Arquivo da Emigración Galega promove arredor do feito migratorio, foi organizado o 1 de febreiro de 2008 un foro de debate sobre un tema daquela –e mesmo actualmente– moi candente, como é o da participación política dos emigrantes nos comicios electorais realizados en Galicia en todos os seus niveis (municipais, autonómicos e xerais).
O Consello da Cultura Galega, na súa función como institución autonómica de carácter asesor e consultivo, e como coñecedor da importancia que o voto exterior representa para a vida política galega e por suposto para a emigración, que desempeña, desde sempre, un papel relevante para a historia de Galicia, quere contribuír, coa publicación daquel foro de reflexión sobre o voto emigrante, a racionalizar o debate que se está a producir nestes últimos tempos.
Título voto emigrante, O
Actas do debate realizado en 2008
Autoría Anxo Lugilde
Carlos Marino Navarro Fierro
Xosé M. Núñez Seixas
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2010
Edición 1ª edición
Descrición física 106 p; 28x21 cm +1 CD-ROM
Notas Recolle o contido do Foro de Debate organizado polo Arquivo da Emigración Galega celebrado en febreiro de 2008.
Textos en galego e castelán.
ISBN 978-84-92923-07-6
Depósito Legal C 2512-2010
CCG. Signatura CCG 2010 393
DOI 10.17075/ve.2010
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes; Núm:15
Materias
Áreas
Código QR