Libro editado con motivo da conmemoración dos vinte e cinco anos de existencia do Consello da Cultura Galega baixo o lema «Crear cultura, imaxinar país». Nel faise un percorrido pola historia e o labor desenvolvido polo Consello desde a súa creación por lei do Parlamento de Galicia o 8 de xullo en 1983 así como unha descrición das competencias e obxectivos, o funcionamento interno e as áreas de actividade e organización.
Título Crear cultura, imaxinar país
Vinte e cinco anos do Consello da Cultura Galega. 1983-2008
Textos Xosé María G. Palmeiro
Documentación Xosé María G. Palmeiro
Fotografía Xurxo Lobato
Limiar Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009
Edición 1ª edición
Descrición física 149 p. : fot. cor ; 30 cm.
Depósito Legal C 2186-2009
CCG. Signatura CCG 2009 364
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR