Publicación editada polo Consello da Cultura Galega en homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez, autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 2008.

Trátase da edición facsímile do manuscrito autógrafo “Égloga de Belmiro e Benigno”, de Nicomedes Pastor Díaz; do facsímile dese texto impreso e editado en 1951 pola editorial Monterrey, dirixida por Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), autor das “Notas para unha edición crítica”, publicadas nos “Cuadernos de Estudios Gallegos” e tamén incluídas na publicación que o homenaxea, como editor, bibliófilo e erudito.
Título Égloga de Belmiro e Benigno, de Nicomedes Pastor Díaz
Notas para unha edición crítica por Xosé Mª Álvarez Blázquez
Autoría Nicomedes Pastor Díaz Corbelle
Edición Xosé María Álvarez Blázquez
Limiar Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 2 v. (26, 11 p. ; XI, 49 p.) : il. cor ; 23 cm.
Notas Na capa : Homenaxe do Consello da Cultura Galega.
Estoxo con 2 v.
Contén: 1. Transcrición - 2. Facsímile
Reprod. facs. da ed. de: Vigo: Monterrey, 1951.
ISBN 978-84-96530-59-1
Depósito Legal C 1395-2008
CCG. Signatura CCG 2008 335
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR