O Anuario de estatísticas culturais constitúe o resumo da principal actividade estatística cultural para o ano 2007, recollendo as principais magnitudes estatísticas sobre o sector cultural en Galicia procedentes das diferentes fontes de información dispoñibles.

O obxectivo central é fornecer unha base de coñecemento cuantitativo sobre a situación do sector cultural en Galicia, de maneira que permita dispor dun panorama xeral sobre o sector cultural no ano 2007; coñecer a evolución das principais variables nos últimos anos; e posibilitar a comparabilidade territorial (especialmente cos datos referidos ao conxunto de España, outras comunidades autónomas e Europa).
Titulo Anuario de estatísticas culturais 2007
Coordinación Håkan Casares
Equipo técnico Purificación Carballo
María Concepción Díaz-Fierros
Elena Gómez Quintela
Presentación Ánxela Bugallo
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 370 p. ; 28 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-96530-53-9
Depósito Legal. Ed. papel C 973-2008
Colección documentos & informes; Núm:10
Código QR