Festival de Filosofía

FESTIVAL DE FILOSOFÍA

LIBRES: EN SERIO???
Mito, realidade ou posverdade
25-26.09 - 2020. Santiago de Compostela
Onde comeza e termina a nosa liberdade? Poder elixir entre diferentes plataformas de lecer, poder escoller os nosos amigos ou amantes a través da tecnoloxía implica ser libres? Se cadra nunha sociedade que foxe da ética, e fai da política un espectáculo, a liberdade non e máis que o último mito da modernidade. Velaquí, para o seu debate, algúns dos usos actuais da noción de liberdade. O Festival de Filosofía quere celebrar o pensamento crítico e a vontade de buscar liñas de fuga nunha sociedade acelerada e pouco reflexiva. Pretendemos achegar a reflexión a toda a sociedade incidindo na importancia do pensamento para abordar cuestións importantes do momento actual como é o caso da liberdade, a pluralidade, a democracia.
Así, de xeito provocador, queremos cuestionar a nosa liberdade. É un mito máis, unha nova posverdade ou o fundamento para unha sociedade máis xusta no futuro?