vento que zoa
Nico Casal
1985 Santiago de Compostela
(detalle) Ver imaxe completa

Escoita aqui o audio
Nico Casal. Compositor
Nico Casal, pianista e compositor compostelán nacido no ano 1985. Despois de rematar o Grado Superior de Piano no Conservatorio de Vigo decide centrarse na composición de música para cine e no 2011 múdase a Londres a estudiar o Master "Composing for Moving Images" na City University, cidade na que reside actualmente.

Vén de rematar a banda sonora da súa terceira película, "María y los demás", dirixida por Nely Reguera e producida por Frida Films en Galicia. Ademáis de películas e curtametraxes é o autor da música de campañas publicitarias para Estrella Galicia, Gas Natural Fenosa, Ford, Adidas ou o banco HSBC, entre outros. Gañador do Premio á Mellor Banda Sonora no Festival de Cans 2015 pola música da curtametraxe Unary, Gañador do Premio Jerry Goldsmith 2013 como Mellor Música Promocional por un traballo para o MAC da Coruña, e foi finalista nos Music and Sound Awards 2015 en Inglaterra pola música para a campaña internacional do banco HSBC.

Nico Casal é o compositor da banda sonora da curtametraxe Stutterer, dirixida por Benjamin Cleary en Londres, gañadora do premio Oscar 2016 á Mellor Curtametraxe de Ficción. O tema principal da banda sonora, Ellie, presentado nesta páxina a versión para piano sólo, marca o estilo intimista da curtametraxe. A historia céntrase nun rapaz tartamudo que, despois de ter unha relación "online" durante 6 meses cunha rapaza, tense que enfrentar ao momento no que ela suxire quedar en persoa por primeira vez. Dada a dificultade que ten el para falar coa xente vai ter que tomar unha importante decisión e enfrentarse a todos os seus medos.

A música na curtametraxe intenta expresar o que o protagonista non pode coas palabras. Foi un proceso moi bonito e enriquecedor pero moi complexo ao mesmo tempo. Na curtametraxe non hai moitos diálogos e a música ten que levarte por todo o proceso que está pasando o rapaz, facerte sentir o que el está sentindo sen que te deas conta, e respetando o seu espazo como protagonista. O tema principal, Ellie, xoga tamén coa esperanza, co valor que hai que botarlle os problemas, como o protagonista de Stutterer.



Máis información: www.nicocasal.com
Autor/a:
A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores. Cada músico que se presenta asóciase a un artista plástico galego. A unión non é azarosa. Xorde de sincronías históricas e de coincidencias nas sensibilidades estéticas, de afinidades persoais e de emotividades compartidas. Trátase, en definitiva, de que o noso disfrute sensitivo e intelectual sexa pleno.