vento que zoa
Margarita Viso Soto
1957 A Coruña
(detalle) Troubled, 2013. Fotografía Ver imaxe completa

Margarita Viso: Troubled, 2010. 5:10 min. En: Asterio Leiva e Alejo Amoedo: Antoloxía de compositores galegos. Clarinete e piano. Lugo : Ouvirmos, 2011. Agradecementos: Ouvirmos
Escoita aqui o audio
Desenvolve actividade interpretativa como pianista sempre ao servizo de música galega.
Realiza estudios no Conservatorio da Coruña: de piano con Jeannette Romero, de canto con María Luisa Nache e de harmonía e contrapunto con Roxelio Groba. Posteriormente amplía por libre con Carlos López García-Picos (composición), Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).

A súa actividade musical abrangue diversos campos: musicoloxía, interpretación, composición, docencia e edición.

Realiza diversos traballos de investigación principalmente sobre os compositores galegos do pasado. As súas publicacións máis importantes neste eido son as Mélodies pour chant et piano . Cantares Viejos y Nuevos de Galicia de Marcial del Adalid, e a ópera Inés e Bianca do mesmo autor, en colaboración con Juan Durán.

Desenvolve actividade interpretativa como pianista sempre ao servizo de música galega.

É autora de diversas composicións principalmente adicadas á voz e piano (por ex.: Ausencias, Os soños na gaiola, Five English Art Songs) e á música de cámara (por ex.: Troubled, Little suite, Nilal, Cúmulo, Elexía, Scherzo e Muiñeira). Pertence á Asociación Galega de Compositores. É profesora por oposición de Solfexo e Teoría da Música dende o ano 1986 e Pianista Acompañante dende o ano 1998. Exerce o seu labor docente no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña.

Crea en 1997 a editorial VISO adicada á música de compositores galegos ou relacionados con Galicia (Adalid, Torres, Smith, Berea, Piñeiro, Pereiro, Durán, Almeida, Chané, Paredes, Viso) tendo publicados máis de 50 títulos.


Troubled

Para clarinete e piano, está escrita no 2010 por encargo de Asterio Leiva e Alejo Amoedo, a quen está adicada. Foi estreada por estes intérpretes o 16 de novembro de 2012 no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra. A gravación está contida no album: “Antoloxía de compositores galegos. Clarinete e piano. Asterio Leiva-Alejo Amoedo. 3 CD. Radio Galega-Ouvirmos. VR0203. D.L.:LU-199-2011.

A preocupación, a desesperación, a loita por atopar camiños, a obsesión, os pesadelos, a axitación emocional e sentimental. Pero tamén sempre a esperanza e confianza. En definitiva, sentimentos producidos polas situacións nas que nos coloca a vida.
Esta é a inspiración desta obra.

Máis información:

ASOCIACION GALEGA DE COMPOSITORES

margaritaviso@gmail.com
Autor/a: Margarita Viso
A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores. Cada músico que se presenta asóciase a un artista plástico galego. A unión non é azarosa. Xorde de sincronías históricas e de coincidencias nas sensibilidades estéticas, de afinidades persoais e de emotividades compartidas. Trátase, en definitiva, de que o noso disfrute sensitivo e intelectual sexa pleno.