Instrumento do día

Aerófonos de lingüeta dupla

Xa dixemos que neste tipo de instrumentos musicais o son se consegue porque o aire contido no corpo do instrumento se pon en vibración por medio dunha lingüeta dupla. Estes mecanismos están formados normalmente por un tubiño, que se insire na parte proximal do instrumento, ao redor do que se sitúan dúas láminas finas de cana ou outro material flexible, lixeiramente arqueadas e polo tanto deixando unha pequena abertura entre elas. Os galegos coñecemos este dispositivo co nome de palleta ou, nalgunhas zonas, pipa. Ao soprar polo furado que separa as laminiñas, estas baten unha contra a outra e emiten un son que é amplificado polo instrumento. Esta familia de instrumentos musicais coñécese tamén co nome de óboes. Nos óboes idioglotos, os máis antigos, a lingüeta dupla faise no mesmo corpo do instrumento, pero este tipo de instrumentos son bastante infrecuentes. Nos óboes heteroglotos a palleta pódese separar do instrumento.

Na súa forma máis sinxela e antiga un óboe consiste nunha palla de gramínea, xunco ou outros materiais semellantes, á que se lle esmaga a punta ficando así confeccionada a lingüeta dupla no propio corpo do instrumento. Quizais da súa antiga fabricación con pallas veña o nome de palleta que … Ler máis

Unha versión interactiva do libro

Este web é a versión interactiva do libro Os instrumentos musicais na tradición galega de Pablo Carpintero Arias [ fb ] e publicado orixinalmente en papel pola Difusora de Letras, Artes e Ideas. Esta versión interactiva, promovida polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, explota as capacidades multimedia e de organización de Internet para difundir universalmente o acervo musical da cultura galega. Ler máis

Máis contidos da edición impresa: Prólogo, Proemio, Agradecementos


Patrocinadores e colaboradores