En Galicia achamos un curioso tipo de cítara con paralelos no sueste asiático321 e en África, onde estes instrumentos se fabrican desprendendo unhas finas tiras da cortiza dun tubo de cana, e separando estas primitivas cordas do tubo -cunhas pequenas pontes.
Só temos unha referencia do uso deste instrumento a través de Anxo Martínez Sanmartín quen o viu en mans dun esmoleiro nas feiras de Santiago de Compostela a mediados do século XX.