Papel de fumar sobre peite

Outro tipo de membrana cantadora consiste nun papel de fumar situado sobre un peite e co que é posible imitar melodías.

O papel suxéitase contra o peite cos dedos e ambos colócanse diante da boca. O instrumento colócase de xeito que o papel fica entre os beizos e o peite. Cantando entón unha melodía o papel vibra coa voz converténdose nunha especie de máscara de voz semellante ao mirlitón.

En Galicia este xeito de proceder considérase un xogo de nenos ou un pasatempos, non un verdadeiro instrumento musical, e o seu uso estivo reservado aos xogos dos nenos, ás casas particulares, ás tabernas e outras ocasións onde alguén facía valer ás súas habilidades con este sinxelo instrumento.

Patrocinadores e colaboradores