Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago (1978), Doutor en Medicina pola mesma universidade (1982) e catedrático de Medicina legal.
É o director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia), do Instituto de Medicina Legal de Santiago (desde 1994), do Centro Nacional de Genotipado (nodo USC) e do grupo de investigación de Medicina xenómica.
Ten máis de 10 libros e 340 artículos en revistas SCI en Medicina Genómica, Genética clínica y genética forense y de poblaciones incluyendo artículos en “Nature”, “Science”, “Nature Genetics”, “PNAS”, “American Journal of Human Genetics”, ademais das principais revistas de genética e medicina forense. Ten dirixido máis de 50 teses de doutoramento (todas coa máxima calificación e 19 con Premio Extraordinario do Doutoramento). Membro do board de sociedades nacionais e internacionais de xenética e cancro. Presidente da Sociedad Española de Farmacogenética e Farmacogenómica. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal (desde 2000). Presidente da Academia Mediterránea de Ciencias Forense. Expresidente da International Society for Forensic Genetics. Membro de organismos reguladores (EMEA, Forensic DNA Regulator UK, DNA ISFG Commission). Editor da revista “Forensic Science International: Genetics” e membro do consello editorial de 15 revistas internacionais de xenética e medicina forense.
Recibiu numerosos premios de investigación entre os que destacan Premio Rey Jaime I, Medalla Galien, Premio Galicia de Investigación, Medalla Castelao, Premio Novoa Santos, Medalla de Galicia, Cruz al Mérito Policial, entre otros. Ademais, é doutor Honoris Causa por varias universidades.