----
( - )

Alejo Amoedo


Pianista especializado no repertorio de compositores galegos, realiza estudos de acompañamento vocal en Madrid co pianista Miguel Zanetti. É Máster en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo e Doutor pola Universitat Politècnica de Valencia cunha tese sobre Reveriano Soutullo. Pertence ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia, na especialidade de Repertorio para Piano con Instrumentos, con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Ten máis de vinte traballos discográficos e deu numerosos recitais, nos que destaca a estrea de obras de Rogelio Groba, Carlos López García-Picos, Juan Durán, Luís Carro ou Juan Eiras, entre outros.

Integrante do colectivo cultural Pertenza e da Irmandade da Música Galega, asesor da Fundación Reveriano Soutullo Otero e membro do grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela Organistrum. Ten no seu haber o Premio da Crítica de Galicia e o Premio da Música Gregorio Baudot.

Desde 2024 é académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de música da institución.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato