Hoxe presentouse no Consello da Cultura Galega o programa de actividades, coa asistencia do Presidente do CCG, Ramón Villares, e o Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela.
Asistiron representantes das institucións integradas na Comisión que preparou o programa (Consello da Cultura Galega, Consellería de Cultura e Turismo, Concellos de Mondoñedo e Vigo, Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago e a Real Academia Galega) e o seu coordinador Henrique Monteagudo.
O programa previsto inclúe, entre outras moitas actividades, un congreso internacional e unha exposición itinerante.
Na organización ou patrocinio das actividades do programa “2011, Ano Cunqueiro” colaborarán asemade a Deputación de Lugo, a Escola Superior de Arte Dramática, a Fundación Cidade da Cultura, a Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturales e a Axencia Galega de Industrias Culturais.