
Unha iniciativa do CCG para difundir a obra literaria e gastronómica de Álvaro Cunqueiro e o acervo gastronómico do país en colaboración cos restaurantes de Galicia.
O Consello da Cultura Galega, en colaboración coas asociacións de restaurantes de Galicia -Amigos da Cociña Galega, Galicia Gourmand, Grupo Nove, Lareira, Club Rías Altas e Xantares- inicia en xuño a campaña A Cociña Galega con Cunqueiro. O obxectivo é sinxelo pero ambicioso: levar os pratos máis queridos polo principal escritor gastronómico de Galicia de volta ás cociñas dos restaurantes, recuperando a rica tradición gastronómica galega e empregando aos establecementos como un privilexiado espazo de difusión cultural. Os cociñeiros de Galicia, con diferentes estilos, tradicionais ou contemporáneos, homenaxean o escritor que dignificou a gastronomía de Galicia e lle deu carta de identidade no mundo, nun dos primeiros proxectos conxuntos da gastronomía galega: distribuír 10.000 exemplares dunha antoloxía literaria e gastronómica de Don Álvaro Cunqueiro entre os clientes dos restaurantes de Galicia.
A Cociña Galega con Cunqueiro en Facebook (receitas, pratos, restaurantes, anécdotas…)
Un destes fermosos 10.000 exemplares agarda por ti

Cando comeza?
Poderás disfrutar da gastronomía de Cunqueiro en restaurantes de toda Galicia a partir do 25 de maio de 2011.
Es un restaurante? Queres participar?
Nesta primeira campaña A Cociña Galega con Cunqueiro poden participar ata un máximo de 50 restaurantes de cociña galega, en calquera dos seus estilos, tanto tradicional como contemporáneo. Os establecementos interesados poden escribir ao responsable da campaña no Consello da Cultura Galega, Manuel Gago (director@culturagalega.org) ou ben chamar por teléfono: 981957219 (luns a venres, de 09 a 15 h.).
Os restaurantes comprométense a servir pratos da gastronomía cunqueiriana, na súa versión tradicional ou na interpretación que consideren máis acaída para o seu estilo e a obsequiar cun libro aos clientes que soliciten ese prato. Pola súa banda, o CCG proporciona aos restaurantes o material promocional, a documentación das receitas e os libros para os clientes. A campaña debe iniciarse en xuño pero recomendamos aos restaurantes que a manteñan ata que finalicen as existencias de libros.
Restaurantes que xa participan na campaña
Baiona
Pazo de Mendoza
A Coruña
Taberna Gaioso
Bodeguilla del Huerto
Cambre
A Estación
Celanova
Rectoral de Ansemil
Ferrol
Mesón Alfonso
Lalín
Restaurante Cabanas
Madrid
O Grelo
Narón
Casa Pendás
Padrón
A Casa dos Martínez
Asador O Pazo
Palas de Rei
A Parada das Bestas
Pereiro de Aguiar
Restaurante Galileo
Poio
Restaurante Solla
Restaurante Pepe Vieira
Pontevedra
La casa de las 5 puertas
Santiago de Compostela
Restaurante Acio
Casa Marcelo
Garum
Mesón de Lázaro
Restaurante Pedro Roca
Ruta Jacobea
Tui
Restaurante Silabario
Vedra
Restaurante Roberto
Vigo
Agar Agar
Casa Moncho
De tapa en cepa
Don Chiringo


Coñece máis sobre a vida social e profesional do escritor en Vigo.