Carta de Seoane a Paz Andrade. 1968 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Paz Andrade. 1968

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Valentín Fernández (Mencionado/a) · Laxeiro (Mencionado/a) · Ramón Mourente (Mencionado/a) · Alfonso Paz-Andrade (Mencionado/a) · Rafael J. Portanet Suárez (Mencionado/a) · Pilar Rodríguez de Prada (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
20/02/1968

Buenos Aires, 20 de Febreiro de 1968

Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo

Querido Valentín:

Recibín a tua carta de 3 de Xaneiro na que me falas do propósito do alcalde de Vigo. Tí e mais Isaac podedes dispoñer das miñas cousas pra isto. Do frigorífico recibín as fotografías mais non me remitiron as medidas. Escribinlles fai tempo e non contestaron. Escribín ao xerente, e, sin as medidas, non podo proieitar nada. Fíxeno ao mesmo tempo que a tí sobor desto. Enviádeme as dimensiós das paredes pra poder ir matinando no que teño de facer. Eiquí están programando, os nosos, uns ridículos xogos froraes pra este ano. É cousa de Valentín Fernández. Conviña facer algo pra evitalo. Vai ser un disparate, cursi e fóra de época. Mais orixinal e popular tería de ser un xuicio de Dios entre Valentín Fernández e Mourente. Penso que si viñesen algunhas cartas ou notas sensatas de ahí resolveríase o problema. Polo demáis todo está o mesmo, os problemas coleitivos esquecidos polo vran y eu traballo illado na miña casa. Teño a grande eisposición retrospeitiva en Xulio e logo debo facer outra en Lima invitado pola Universidade. En Bonn inauguro no Museo o dia 5 de Marzal que remata o 4 de abril. Laxeiro traballa moito coidando estar nesa nos primeiros días do mes de abril pra expoñer en Biosca. Isto é todo.
Escribe e fai que me remitan as medidas do muro. Agradézoche moito as túas xestiós polos cadros. Unha gran aperta pra Pilar e pra tí e pra Alfonso de Maruja e miña:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
20/02/1968
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]