Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969

Luís Seoane (Destinatario/a) · Xosé Neira Vilas (Mencionado/a) · Fernando Pereira Caamaño (Remitente)
23/06/1969

Montevideo, 23 San Xoán 1969

Estimado Seoane:

Escribo un pouco voando, xa que quero que saia hoxe a derradeira proba do libro, cáseque armado pra que vostede o vexa.
Supoño que Fuentes xa lle entregaría tres libros de Neira Vilas.
Prégolle que olle todo axiña. Queremos presentar o libro o día 15 de Sant-Yago; en que inauguramos a Eisposición.

Unha aperta

Pereira

P.D. Aínda non chegaron os grabados.
Tipo de material
epístola
Data
23/06/1969
Localizacións
orixe: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]