Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978

Francisco Fernández del Riego (Destinatario/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
20/02/1978
LUIS SEOANE
A.C. 20-II-78
A Fco Fdez del Riego
Meu querido Paco:

Remítoche copia da carta que hoxe envío a Isaac Díaz Pardo. Non podo aturalo mais e non quero ser cómplice dos seus “abusos culturaes”, de abondo inxenuos o (sic) que eu supoño así. Por outra parte sendo eu seu asociado e o inspirador dunha laboura que nin sequera se intentou, no máis importante e popular, tampouco quero ser cómplice co meu silencio. Esto e todo. Deica pronto. Unha aperta tan grande para os dous Evelina e ti de Maruja e miña.
Seoane
Tipo de material
epístola
Data
20/02/1978
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta manuscrita e o membrete:]