Emigrante galego traballador na fábrica de tabacos "El Batey". A Habana, ca. 1915
Detalle
A produción de tabaco foi unha das principais industrias cubanas da primeira metade do século XX. Os galegos traballaron nas fábricas de tabaco e algúns conseguiron destacar como grandes empresarios como foi o caso de Pedro Murias Rodríguez, Antonio Villamil Santalla ou José Fernández Rocha etc.
Metadatos
Data: 00/00/1915
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Rául Soutelo