Díptico de actividades do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, 1974 | Documento. Programación | Consello da Cultura Galega
Documento. Programación

Díptico de actividades do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, 1974

00/00/1974
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
O Patronato da Cultura Galega foi fundado en xuño de 1964 por un grupo de galegos, entre os que destacaban Manuel Meilán e Xesús Canabal. O seu obxectivo principal era a difusión e defensa da cultura galega en Uruguai. Neste díptico podemos ver as diversas actividades realizadas no seu décimo aniversario: conferencias, exposicións do libro galego e de pintura, ciclo de cine galego e diversas homenaxes a persoeiros da colectividade. Esta entidade publica dende os seus inicios como voceiro social a revista Guieiro. Na actualidade continúa co seu labor cultural.
Tipo de material
Documento. Programación
Data
00/00/1974
Entidades
Creación: Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Localizacións
orixe: Montevideo, Uruguai
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega