Material
Historias de ida e volta
O exilio galego
Envío de axuda para a República Española, ca. 1938
Detalle
Dende América, moitas das entidades de emigrantes galegos inician diversas campañas e colectas de recollida de cartos e materiais médicos, roupa e alimentos para enviar ao bando republicano. Na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina creáronse varios comités para o envío de axuda ás zonas máis necesitadas.A Federación, organismo altamente politizado, defendeu os principios republicanos e nas súas filas atoparon acollida exiliados da esquerda republicana e, en menor medida, os galeguistas. Os refuxiados tamén contaron coa axuda das asociacións microterritoriais para acceder á oferta de servizos mutualistas, de ocio e sociabilidade étnica de base parroquial ou local. O Centro Galego de Bos Aires adoptou unha postura máis ambigua e declarouse defensor da unidade de todos os galegos sen ter en conta a súa ideoloxía; aínda que tamén nas súas actividades culturais contaron con intelectuais exiliados como Luís Seoane, que foi director do seu voceiro social, a revista Galicia.


