Generosa Lois Daparte naceu en Rodeiro (Pontevedra). Antes de emigrar dedicouse a traballar a terra e tamén “cosía polas casas”. Con vinte anos decidiu facer o mesmo que algúns amigos e veciños, emigrar a Suíza para mellorar a súa situación económica. Recibiu un contrato para traballar nun restaurante e foi o primeiro membro da familia que emprendeu a aventura migratoria. Só tivo que facer o pasaporte e asinar o contrato, que lle chegou grazas á tramitación inicial duns veciños que traballaban alí. Ao igual ca o resto de galegos que emigraron a cidades europeas, Generosa atopou a maior dificultade no descoñecemento do idioma que falaban os nativos. Os traballadores vivían no mesmo edificio e, ás veces, compartían incluso a mesma habitación.
Metadatos
Data: 00/00/1965
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Localización física: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Generosa Lois Daparte.