Mercedes Acevedo emigrou co seu home a Berna (Suíza). Fixeron a viaxe en tren desde Madrid. Alí estiveron vivindo durante seis anos e traballaron xuntos nun pequeno hotel. Coma moitos emigrantes galegos da época (1967-1975), deixaron os seus fillos en Galicia, para aforrar máis cartos e con plans de voltar de maneira definitiva. Sempre estiveron moi orgullosos da boa reputación que tiñan os galegos. Os seus xefes suízos valoraban moito o seu traballo, o cal era moi satisfactorio para eles.
Metadatos
Data: 00/00/1967
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Localización física: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Mercedes Acevedo Dorado