Un pequeno descanso no medio da xornada laboral, Eaton Place, Londres, ca. 1970
Detalle
Joaquín Goce (o da esquerda na imaxe) é natural de Baíña (Baiona) e emigrou coa súa dona, Mª Isabel Ulbeira, cara a Inglaterra. Nun principio desempeñaron xuntos tarefas de servizo doméstico nun convento, xunto a unha ducia de paisanos da terra que xa levaban alí un tempo. Finalmente, Joaquín desmarcouse desa ocupación para traballar como celador no Royal Hospital and Home for Incurables Putney.
Metadatos
Data: 00/00/1970
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Localización física: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular da Familia Goce Ulbeira