Acta fundacional da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 31 de decembro de 1871 / Documento/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta: 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia:

Acta fundacional da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 31 de decembro de 1871

O 31 de decembro de 1871 reuníronse nun salón do teatro Albisú da capital cubana un grupo de 37 homes de prol da colectividade galega residente na illa de Cuba co fin de fundar unha entidade benéfica co nome de Asociación de Beneficencia de Naturales de Galicia. Nesta reunión foi elixido D. Ambrosio Tomati como presidente provisional e decidiuse dar a coñecer os seus propósitos para que os emigrantes con máis medios se unisen á dita obra. A súa primeira xunta xeral de socios realizouse o 21 de xaneiro de 1872 no Casino Español e alí aprobouse a comisión para redactar o seu primeiro regulamento social. Ademais foi elixida a primeira xunta directiva, integrada, entre outros, por Juan Mes como presidente, José García Barbón como tesoureiro e Juan Prieto Canel como secretario.

  • Data: 31 / 12 / 1871
  • Tipo de material: Documento
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Localizacións:
    destino: A Habana, Cuba;
  • Nota legal:

    Agás indicación expresa, o CCG carece dos permisos para ceder os materiais publicadas nos fondos documentais

Compartir:
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.