Reunión de socios da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, ca. 2002 / Imaxe./ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Reunión de socios da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, ca. 2002

Image 1
Detalle
A reunión estivo presidida por Alfredo Gómez Gómez, no centro da fotografía. Alfredo Gómez emigrou a Cuba en 1957 dende Becerreá (Lugo) para traballar co seu tío. Coa súa presidencia logrou manter a sociedade activa. Neste novo milenio a sociedade benéfica ten que loitar co paso do tempo e as circunstancias económicas da illa. A maior parte dos socios son descendentes dos emigrantes galegos e galegas, e enfróntanse a un problema de envellecemento. Por outra lado, as necesidades son cada vez maiores e a consecución de fondos faise moi complicada. A Beneficencia continúa a ter as súas oficinas no antigo palacio do Centro Galego da Habana, onde xestionan as axudas aos seus socios máis necesitados e o mantemento do panteón social, auténtico orgullo para eles.
Metadatos
  • Data: 00/00/2002
  • Tipo de material: Imaxe.
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Localizacións:
    : A Habana, Cuba;