Buque transatlántico Santa Maria, Tenerife, ca.1970 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea

Buque transatlántico Santa Maria, Tenerife, ca.1970

Image 1
Detalle
O transatlántico Santa Maria foi construído en Bélxica pola Société Anonyme John Cockerill no ano 1953. A Companhia Colonial de Navegação (CCN) foi unha empresa de navegación portuguesa fundada en 1922 e extinguida en 1974, para fusionarse coa Empresa Insulana de Navegação (EIN) e formar a denominada Companhia Portuguesa de Transportes Marítimos (CPTM). O barco tiña dúas hélices, unha potencia de 25.500 cabalos e un custo de sete millóns de libras esterlinas. Transportou milleiros de pasaxeiros de diversas procedencias durante vinte anos. Tiña escalas programadas na súa ruta regular entre Europa, América do Sur e os Estados Unidos (Lisboa – Vigo – Funchal – Tenerife – La Guaira – Curaçao – Everglades – Tenerife – Funchal – Vigo – Lisboa), xunto do seu homólogo, o Vera Cruz. Era o barco máis moderno que atracaba na Guaira (Venezuela), país de destino de milleiros de emigrantes galegos e galegas entre 1948 e 1973. Tiña aloxamento para 8 pasaxeiros en clase de luxo, 148 en primeira clase, 226 en segunda clase, 200 en terceira e 600 en terceira clase suplementaria, un total de 1182 pasaxeiros e 293 tripulantes.
Metadatos
  • Data: 00/00/1970
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Carolina García Borrazás