Material
Historias de ida e volta
O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
Jornal do “Santa Maria”, publicado pola tripulación do barco para os pasaxeiros da nave, 1961
Detalle
A tripulación do barco publicaba este xornal para informar os pasaxeiros das actividades organizadas para o seu desfrute, ademais de dar consellos de boas maneiras para ter unha boa viaxe, notas de cociña, textos literarios ou noticias de deportes.Este número, en concreto, foi redactado polo comando que secuestrou o buque e distribuíuse aos pasaxeiros o día 24 de febreiro. Na segunda páxina informaba sobre as intencións do secuestro, e sostiña a lexitimidade do secuestro político do buque e da súa loita contra do réxime de Salazar. Para tranquilidade dos pasaxeiros, deixa claro que aqueles que o desexaren poderían desembarcar nun porto neutral, sen danos de ningún tipo.
No escrito figura que o comando estaba ao mando do capitán Henrique Galvão, como representante do xeneral Humberto Delgado, presidente electo de Portugal, e do DRIL.


